martes, 24 de marzo de 2015

Xosé Fernando Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde

Nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 



Na praza do Peirao de Pontevedra. Foi fillo de José María Filgueira Martínez (1871-1938), médico en Pontevedra, e Araceli Valverde Yaquero (1870-1946).



 Foi un historiadorarqueólogoantropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.




















Dende moi novo estivo involucrado en toda sorte de proxectos culturais. Con 17 anos de idade, o 12 de outubro de 1923, na casa da infancia de Rosalía de Castro en Ortoño, xunto con Fermín Bouza Brey, Wenceslao Requejo Bouet, Xosé Pena e Pena, Lois Tobío 
FernándezRamón Martínez LópezManoel Magariños NegreiraFrancisco Romero de 
Lema e Alberte Vidán Frería, fundou a terceira grande institución da época de preguerra 


(tras as Irmandades da Fala1916, e o Grupo Nós, 1920), o Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiría a sección de Historia da Literatura ata o seu desmantelamento, en 1936.

En 1935 comezou a organizar unha escolma da poesía galega de todos os tempos para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Proxéctanse en total nove volumes, e comeza con dous volumes adicados aos autores vivos, desde Noriega Varela e Cabanillas, até os máis novos como Celso Emilio ou Carvalho Calero. Reparte unha enquisa ás persoas que quere incluír na escolma, preguntando polos datos do autor, a súa formación, obra, poética, linguaxe, bibliografía e unhas preguntas xerais sobre a propia escolma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario