martes, 24 de marzo de 2015

Traxectoria

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 e doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza en 1936. En 1959 diplomouse en Psicoloxía, tamén na USC.

Comezou a súa traxectoria pública en 1928, como  secretario da Xunta Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo, que presidía Daniel de la Sota.
En 1940 volveu a Pontevedra, ó instituto, que logo se chamaría Instituto Sánchez Cantón, do que sería director desde 1946 até a xubilación, en 1976.

Foi profesor axudante de literatura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra en 1928, conseguindo a cátedra en 1933. Dous anos máis tarde gaña por oposición a cátedra da mesma especialidade do Instituto Jaime Balmes de Barcelona, para pasar ao de Melilla e, o mesmo ano, ó de Lugo, onde toma posesión da praza o 8 de novembro, vila na que coñeceu a María Teresa Iglesias de Oscáriz (1908-1995), filla dun médico, coma  el, coa que casou o 15 de agosto de 1938 e con quen tería cinco fillos: Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles.




Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra en 1927, do que foi secretario ata 1942, ano no que se converteu no director, mantendo a colaboración ata a fin dos seus días.
Foi proclamado correspondente da Real Academia Galega en 1925 e recibido como académico de número o 27 de xullo de 1941  en sesión extraordinaria celebrada na Universidade de Santiago, sucedendo na cadeira a Casto Sampedro y Folgar.

O seu discurso de ingreso foi Da épica na Galicia medieval, respondido por Ramón Otero Pedrayo. No eido académico foi, amais, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, nomeado o 28 de xuño de 1971, membro numerario da Real Academia de la Historia desde 1980 (co discurso "Ideas y sistema de la historia de Fray Martín Sarmiento" contestado por Antonio Blanco Freijeiro) e membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes desde 1990


Ocupou cargos públicos no franquismo, como presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967. Alcalde de Pontevedra dende o10 de novembro de 1959, cando pronunciou o discurso de toma de posesión, ata 1968. Procurador en Cortes e Conselleiro provincial de Belas Artes en 1969.[18] Como alcalde de Pontevedra estimulou a acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental da vila.Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. En maio de 1935 encabezou un grupo de militantes deste partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda, organizando a Dereita Galeguista.

Casa de Rosalía de Castro, na actualidade e un museo. Tamén chegou a dirixir a Casa Museo Rosalía de Castro.




Xa na democracia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor, en xaneiro de 1982, foi nomeado Conselleiro Adxunto ó Presidente para a Culturae, en decembro do mesmo ano, Conselleiro de Cultura, ata 1983. Dende 1990, e Por dous mandatos, foi Presidente do Consello da Cultura Galega e en 1995 foi nomeado xuíz protector da Fundación Manuel Ventura Figueroa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario