Licenciouse
en Dereito na Universidade de
Santiago de Compostela en 1927 e
doutorouse en Filosofía e
Letras na Universidade de Zaragoza en
1936. En 1959 diplomouse en Psicoloxía, tamén na USC.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhUk1RCdfuZQlkREMo5IszOZPsHBOvVBIUG1NdscnhOhzH9CAYLfuHFSS_xZXnEs50gepLiNEIuMRbRVFdLTBAGhJmwgO6-Se-w7xF6rjJHJBqQGUAZ_sa6O9kQ8wsXLXX4tH3yN4pYExZK/s1600/descarga.jpg)
En 1940 volveu a Pontevedra, ó instituto, que
logo se chamaría Instituto Sánchez Cantón,
do que sería director desde 1946 até a xubilación, en 1976.
Foi profesor axudante de literatura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra en
1928, conseguindo a cátedra en 1933.
Dous anos máis tarde gaña por oposición a cátedra da
mesma especialidade do Instituto Jaime Balmes de Barcelona, para pasar ao de Melilla e, o mesmo ano, ó de Lugo,
onde toma posesión da praza o 8 de novembro,
vila na que coñeceu a María Teresa Iglesias de Oscáriz (1908-1995), filla dun
médico, coma el, coa que casou o 15
de agosto de 1938 e con quen tería cinco fillos: Araceli, José Fernando, María
Teresa, Pilar e Ángeles.
Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra en
1927, do que foi secretario ata 1942, ano no que se converteu no director, mantendo a colaboración ata a fin dos seus
días.
Foi proclamado correspondente da Real Academia Galega en
1925 e recibido como académico de número o 27 de xullo de 1941 en sesión extraordinaria celebrada na
Universidade de Santiago, sucedendo na cadeira a Casto Sampedro y Folgar.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhNg1Dgy90oeRo0jDZh8lMhOKIPvncDHadpYDGUbILLbLafdeyPa9L1sw_sdgVtScTs4Icu6pdc628ij5A_7E3JNri8jExGtJN0bd9__VbyPOb5cgccrP22pCLuY4bxR4mZ2UzXrwxoXiaB/s1600/014seminarioestudosgalegos.jpg)
De 1971 a 1981 dirixiu
o Instituto Padre
Sarmiento de Estudos Galegos
![Casa de Rosalía de Castro, na actualidade e un museo.](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQ6toSE1YR-raK0RvZ4jKjNeveL7U1JE_km-4nNNi5aqFaQPpAloee7VeuX01Vni0xr0WK4tz1JYqEbyJWBVb3E82Yxo-2wONZqcBKhT0SeF7OilND7MUpUglVCVNtEJzC1Zyw2J1jUvKw/s1600/CasaMuseo3.jpg)
Xa na democracia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor,
en xaneiro de 1982, foi nomeado Conselleiro Adxunto ó Presidente para a
Culturae, en decembro do mesmo ano, Conselleiro de Cultura, ata 1983. Dende 1990,
e Por dous
mandatos, foi Presidente do Consello da Cultura Galega e en 1995 foi nomeado xuíz protector da Fundación Manuel Ventura Figueroa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario